No extremo máis occidental da península do Morrazo, na parroquia do Hío, atópase o espazo natural de Cabo Home.
Sen dúbida algunha, neste espazo natural merece a pena visitar Donón, unha pequena aldea tradicional rodeada de terras de cultivo e montañas, a Costa da Vela, abruptos cantís onde
crecen os riquísimos percebes e desde onde se pode gozar dunhas vistas espectaculares das Illas Cíes.
O Cabo atópase iluminado por tres faros que marcan a entrada da ría de Vigo.
Faro de Punta Subrido: está situado a carón do camping da praia de Melide, e accédese a el a través dun pequeno sendeiro. Desde el pódese observar a un lado unha marabillosa vista das incribles illas Cíes, e ao outro as praias de Viñó, Nerga e Barra.
Faro de Punta Robaleira: Pódese chegar a el desde a praia de Melide ou desde un acceso ao camiño principal. A súa cor rechamante faino ser o máis fotoxénico e visitado de toda a ruta.
Faro de Cabo Home: Atópase preto do de Punta Robaleira e desde el podemos gozar das marabillosas vistas de Cabo Udra, o Monte Facho e a Costa da Vela. A illa de Ons atópase
detrás del.
Non moito máis lonxe atopamos a praia de Melide que, rodeada dun extenso piñeiral dunar, conta cunha area branca finísima, e o monte do Facho, onde se descubriu o santuario de
peregrinación máis antigo de Galicia, con máis de 100 aras romanas que, situadas no cumio, honraban a unha deidade galaica chamada Bero Breo.
As postas de sol desde este espazo natural son espectaculares, e crese que a elas foi debido a creación do santuario.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.