Moaña

Moaña é xunto con Cangas, Marín, Bueu e Vilaboa un dos cinco municipios da península do Morrazo.

Na costa de Moaña atopamos praias como a de Domaio, A Borna, A Xunqueira ou a do Con (bandeira azul), que combinan o uso turístico coa produción de marisco como ameixas e
berberechos. Ademais, as augas de Moaña gozan dunhas excelentes características para a cría e engorde dos mexillóns nas bateas.

Moaña ten diferentes portos, tanto deportivos como pesqueiros, e unha actividade cultural relevante na que destaca o Festival Intercéltico do Morrazo.

A historia de Moaña está moi vencellada ao mar. No estreito de Rande tivo lugar a famosa batalla de Rande, na que se perdeu o maior transporte de ouro e outras riquezas procedentes
da América acabada de descubrir, a mans da Mariña Inglesa e Holandesa, que venceron á Franco-española (aquí é onde se fornecía de ouro o capitán Nemo no libro de Jules Verne
“20.000 leguas baixo dos mares”).

 

 

 

Category
Contorna