Isla Cíes

As illas Cíes forman parte desde xullo do 2002, xunto aos arquipélagos de Ons, Sálvora e Cortegada, do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que se
estende ao longo das Rías Baixas. Atópanse na ría de Vigo formando unha barreira natural entre a ría e o mar.

Son tres as illas que compoñen o arquipélago de Cíes: San Martiño, O Faro e Monte Agudo, estas dúas últimas están unidas pola praia de Rodas, catalogada polo prestixioso xornal “The Guardian” no 2007 como a mellor praia do mundo, enxalzando as súas cristalinas augas cor turquesa, a súa area fina e piñeirais que chegan ata os areais.

Aparte da nomeada praia de Rodas, nas Cíes podedes atopar outras oito praias, todas de augas cristalinas e area branca:
Praia de Rodas, conta con distintivo de bandeira azul e é a máis importante e grande das illas
Cíes, e ideal para pasar unha xornada en familia.
Praia de Figueiras, ou comunmente denominada “dos Alemáns”, posúe a bandeira azul e nela está permitido o nudismo.
Praia de San Martiño, sitúase na illa de San Martiño e só é accesible en barco privado.
Praia de Nosa Señora, está situada na illa do Faro e é ideal para practicar snorkel ou submarinismo.
Praia das Margaridas, está situada na illa de Monteagudo, e é perfecta se o que queredes é tranquilidade e soidade.
Praia de Cantareira, é pequena e de croios, situada na illa de Monteagudo, é un lugar diferente e exclusivo.
Praia de Areíña, na illa de Monteagudo, accesible a través dun pequeno carreiro.
Praia de Bolos, coñecida como “praia dos Viños” está situada ao final da praia de Rodas.

Praia de Muxieiro, na illa de Monteagudo, ao lado do embarcadoiro de Rodas.
O acceso ás illas Cíes está facilitado por un catamarán con liñas regulares que de Semana Santa a finais de setembro une Vigo, Baiona e Cangas co arquipélago.

Category
Contorna