OS ALMORZOS CASEIROS POR MERCHI RODAL

Elaborados con moito agarimo e baseados en produtos de calidade. Os almorzos sérvense en formato buffet.
Almorzos, onde atoparás referencias á gastronomía e produtos de Galicia.
Merchi Rodal foi a reposteira do programa de Televisión “Larpeiros” da TVG durante os últimos 10 anos. Sobremesas con base tradicional e moita froita son os seus símbolos de identidade.
Unha selección de pans, pasteis e biscoitos forneados diariamente na cociña do hotel, farán que queirades repetir unha e outra vez. Ademais, se sodes vexetarianos, celíacos, ou seguides unha dieta especial, atoparedes opcións para vós.

PRODUTOS DE MÁXIMA CALIDADE

Se queredes deleitarvos cos auténticos protagonistas do almorzo, non deixedes de probar a marmelada caseira de elaboración propia, o zume de laranxa acabado de espremer, o tomate natural ou o Aceite de oliva virxe extra.
O almorzo, servido ata as 12:00, poderedes tomalo na cafetaría, na terraza, no xardín… ou levalo ao voso apartamento e almorzar vendo o mar.
As elaboracións caseiras, a selección de produtos naturais e de Km 0 e o sorriso permanente son algúns dos factores do éxito dos nosos almorzos.
Por suposto, o noso café é 100 % arábica.