Oferta. Ven ver o Nadal e as luces de Vigo. Aloxamento no Hotel Rodeiramar

Oferta. Ven ver o Nadal e as luces de Vigo. Aloxamento no Hotel Rodeiramar

Achégase decembro, o mes de Nadal, e en breve teremos Vigo totalmente iluminado. Vas a perder? Claro que non! Por iso ofrecémosche unha oferta de Nadal no Hotel Rodeiramar. Propoñémosvos achegarvos a Vigo nestas datas da forma máis cómoda e práctica. Gustaríache alojarte no noso Hotel, na praia de Rodeira?

Durmir diante de Vigo. A primeira hora da mañá gozarás dun almorzo buffet con deliciosas sobremesas caseiras, ademais de zume de laranxa fresco, ovos, iogures, froita, embutidos… e despois poderás pasear pola beiramar ata o centro de Cangas.

as.

Pola tarde podes coller un barco alí mesmo, no porto de Cangas, e en 20 minutos estarás no porto de Vigo, en pleno centro do Nadal en Vigo, atoparás rúas iluminadas cheas de atractivos, tendas e cafés desde que baixas do barco. O barco custa 2,45 €/persoa por traxecto. Ten desconto coa Tarxeta Metropolitana da Xunta de Galicia.

Hai barcos que atravesan a Ría de Vigo cada 30 minutos, de 08:00 a 22:30 da noite. Podes consultar os horarios premendo na páxina web da empresa que realiza o transporte da ría: Horarios e prezos dos barcos Illas Cíes, Ons, Vigo – Cangas | Naviera Mar de Ons

o caer a noite podemos pensar en cear e despois volver de novo a Cangas en barco. Un paseo tranquilo ata o noso Hotel Rodeiramar, disfrutando agora das luces de Vigo dende o outro lado da ría e… descansando.

Paréceche un bo plan? Pois aínda hai máis, porque se te quedas connosco en decembro farémosche un desconto directo do 5% se reservas a través da nosa web introducindo o código:

RODEIRA5 

Non o pensedes moito, somos un hotel pequeno (e moi familiar). Os cuartos voan!!