Praia de Barra

A mellor praia nudista de Galicia está en Cangas do Morrazo.

Cos seus 750 metros de lonxitude e 30 de anchura media, a praia de Barra está considerada a mellor praia nudista de Galicia. As súas augas son frías, de ondada moderada e ventosa.

A súa area é fina e branca e ten numerosos restos de cunchas e as súas augas son transparentes. Tras a barra de area sitúase un impresionante piñeiral dunar que abrangue as
praias de Nerga, Viñó e Barra.

Esta praia e a súa contorna están incluídas no Espazo Natural Protexido Dunas de Barra e Costa da Soavela e pertence á rede Natura 2000. Accédese desde a EP-1006 que une a aldea de Donón con Cangas do Morrazo, e para chegar a ela cómpre aparcar o vehículo e andar 200 metros entre dunas e piñeiros. Gozaredes dunha marabillosa contorna natural.

A enseada é un paraíso natural desde a que se pode acceder facendo unha pequena camiñada ata a praia de Melide, na contorna de Cabo Home. Durante o verán, multitude de barcos
escollen esta enseada para fondear e pasar o día.

Se queredes gozar dunhas vacacións nun aloxamento preto da praia de Barra e que ademais vos posibilite gozar da vida da vila de Cangas no noso hotel ou apartamentos gozaredes dunha estancia máis que agradable.

Para reservar aloxamento en Rodeiramar 2A e gozar da praia de Barra, podedes facelo a través desta ligazón ou chamarnos por teléfono ao 986 301 749, onde vos informaremos de todos os detalles que necesitades consultar para facer a vosa estancias máis agradable.

Category
Contorna