Praia de Rodeira

A praia de Rodeira, con bandeira azul!

Cangas conta con trinta e oito praias, todas excelentes, de area branca finísima, e moitas delas, como a de Rodeira, recoñecidas co distintivo de Bandeira Azul.

A praia de Rodeira é o principal areal de Cangas. Situada no centro da vila, posúe un paseo marítimo que a bordea e a converte nunha das máis fermosas do tramo costeiro do Morrazo, cunhas espectaculares vistas panorámicas da ría de Vigo.

Ten unha lonxitude de 900 m e unha anchura media de 40 m, a súa area é branca e fina e as súas augas son tranquilas, sen case ondada, ideais para gozar dun marabilloso día en familia.

Goza ademais de gran cantidade de servizos, xa que dispón de socorristas, aparcadoiro, zonas verdes e arboradas, duchas, acceso para persoas con mobilidade reducida, restaurantes e
cafetarías, bibliopraia e gran cantidade de actividades deportivas. Ademais, está rodeada por un carril bici e un paseo de madeira.

A historia di que antigamente, polas noites, reuníanse mulleres na beiramar para realizar ritos de bruxería, o que fixo de Cangas un sitio de historias místicas.

Nesta praia atópanse o hostal e os apartamentos Rodeiramar 2A, de feito, dela vén o noso nome.

Polo que se queredes gozar dun merecido descanso non dubidedes en reservar connosco as que sen dúbida serán as vosas mellores vacacións.

Dispoñemos dunha variada oferta en canto a cuartos e apartamentos para que escollades o que mellor se adapte ás vosas necesidades. Ademais, se queredes, podedes traer as vosas mascotas para que tamén gocen dunhas merecidas vacacións.

 

 

 

Category
Contorna