Praia para Cans

PRAIA PARA CANS EN CANGAS. PRAIA DA CUNCHIÑA

  • Praia para cans en Cangas permitida en 2018.

Na praia da Cunchiña, en Cangas, os vosos cans poderán correr, saltar, xogar e bañarse. É unha das 38 praias que ten Cangas dentro do seu censo. Hai algunha praia máis na que tamén podedes ir con cans, pero é un pequeno segrediño que gardamos para os nosos hóspedes. Son praias ás que podedes ir e estar case sos, por iso, entendédenos cando preferimos dicilo en persoa.

  • Praia para cans en Cangas ben situada.

A praia da Cunchiña atópase xusto enfronte da antiga conserveira de Massó. Massó, no seu tempo, foi a conserveira máis grande de Europa. A praia da Cunchiña ten uns 100 m de longo e 15 m de largo, e é unha praia de area que remata en zona de rocha. Nesta praia para cans teredes sol desde primeira hora da mañá e ademais está protexida do vento do norte (o vento predominante no verán e que trae bo tempo).

  • Praia para cans en Cangas con bo acceso.

Á praia da Cunchiña poderedes chegar en coche e aparcar a uns 200 m da baixada á praia, ou podedes chegar camiñando desde o centro de Cangas. A praia para cans da Cunchiña atópase a 2.6 km dos apartamentos Rodeiramar 2A (30 minutos camiñando polo paseo marítimo).

  • Praia para cans en Cangas con posibilidade de sendeirismo.

Ademais, poderedes aproveitar para pasear pola zona peonil que hai ao redor da antiga fábrica de Massó, e se vos apetece, andar un pouquiño máis e enlazar coa senda costeira que vai
desde a praia de Areamilla ata Liméns.

  • Praia para cans en Cangas con aloxamento en Apartamentos.

Nos apartamentos Rodeiramar en Cangas do Morrazo aceptamos mascotas, polo que poderedes gozar da nosa contorna acompañados dos vosos amigos peludos. Podedes facer a
reserva ou as vosas consultas polo medio de comunicación que máis vos guste:

Category
Contorna