31 Mar Vacacions veran 2025 en Cangas, Rías Baixas.
¿Pensando en Vacacions? Cangas, Rías Baixas. Boa temperatura e mellor marisco.
Se estades pensando en disfrutar dunhas magnificas vacacions xunto ao mar, chegástedes ao sitio correcto. No Hotel e apartamentos Rodeiramar temos habitacions e apartamentos de 1, 2 e 3 cuartos, ideais para disfrutar duns días de relax xunto ao mar.
Votade un vistazo á nosa web e elexide o voso apartamento ou cuarto en función das datas e o número de persoas. Se non atopades disponibilidade chamádenos ao 986301749 (tamén WhatsApp) pode ser que simplemente variando un día xa podamos ofrecervos unhas vacacións inolvidables!
Actividades que non vos podedes perder durante a vosa estancia:
- Visita ao Parque Nacional das Illas Atlánticas:
ILLAS CÍES: Os barcos saen dende o peirao de Cangas e as compañías que fan a ruta son Mar de Ons e Nabia As duas con horarios e prezos moi similares. Podedes mercar os billetes online ou si preferides, podemos facer a reserva dende o Hotel, e incluso vos podemos preparar un picnic!!
Tamén están dentro do Parque Nacional e se poden visitar: Illa de Ons, Illa de Sálvora e Illa de San Simón.

Solpor sobre as Illas Cies
- Paseos exclusivos no noso veleiro por la Ría de Vigo. Ademáis de sucar a Ría de Vigo durante 4 horas, fondear nalgunha praia para darse un chapuzón e sentir a grandeza de navegar a vela, poderedes comer unha mariscada a bordo!!! So tendes que encargala en recepción. Con sorte, tamén poderedes ver golfiños 🐬🐬 xogando ao caron do veleiro. Deixámosvos un vídeo para que vos poidádes facer unha idea! NAVEGANDO CON GOLFIÑOS
- Unha boa mariscada regada con albariño. No deberiades vir ás Rias Baixas e non probar marisco…. 🦑 Non dubidedes en preguntar, recomendaremosvos os mellores restaurantes. Tamén podedes mercar o marisco no mercado e facelo no voso propio apartamento… ¡Ao gusto do consumidor!
Solpor dende a Caracola de Cabo Home
- Solpor en Cabo Home. Ó atardecer, o sol metese no mar entre as Islas Cíes e a Illa de Ons, e esa é unha postal preciosa que quedará marcada na vosa retina 🌅 Podedes tamén acercarvos ata os faros e darvos un último chapuzón na Praia de Melide ou subir ao Monte Facho, onde hai excavacions arqueolóxicas dun antigo castro e unhas vistas E S P E C T A C U L A R E S. SUBIDA AO MONTE FACHO
- Probar os nosos almorzos caseiros. Os almorzos son buffet e mooooooi caseiros (zume de laranxa natural, embutidos, froitas, marmeladas feitas con froita de tempada, ovos… Ademáis, tódolos días hai doces novos e diferentes que sacamos dos libros de “Larpeiros” o programa de TV de Galicia no que Merchi fixo tantísimos doces, cos que deleitou a os seus espectadores galegos, nacionaes e ata do continente
Almorzos buffet Hotel Apartamentos Rodeiramar
Americano, onde tiña tamén os seus fieles seguidores. E si vindes coas vosas mascotas ^.^ el@s tamén poderán vir a almorzar nalgunha das nosas terrazas 🐾 DESAYUNOS PARA OS MÁIS “LARPEIROS”
¡Esperamos vervos este veran polas Rías Baixas!